20

Xul

100 anos da bandeira galega no Pazo Municipal

19.00 h

Exposición 100 anos da bandeira galegaO martes, día 20, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Pazo Municipal, comisariada por Manel Cráneo e Henrique Torreiro.

A mostra conta cun módulo de banda deseñada histórica realizada por Manel Cráneo e Manuel López Poy, e debuxada por Alberto Taracido e Rubén Rial. Un cómic que permite entender a evolución da bandeira galega desde finais do s. XIX ata 1921, ano no que se iza por primeira vez nunha institución.

O Concello da Coruña foi a primeira institución pública en Galiza que aprobou izar a bandeira galega o 25 de xullo de 1921, a proposta do concelleiro nacionalista Lois Peña Novo e estando de alcalde o republicano Antonio Lens Vieira.

Para completar a proposta expositiva, unha selección de ilustradores e ilustradoras, a plataforma Coruña Gráfica, ofrecen a súa homenaxe artística e persoal á bandeira galega.

A visita guiada será realizada polo seu comisario Manel Cráneo. A exposición está en María Pita, na sala de exposicións do Concello.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies