14

Mai

Visita guiada á exposición da Bienal de Arquitectura

18.00 h

Bienal ArquitecturaO martes 14 de maio, ás 18 h, realizaremos unha visita guiada á exposición da Bienal de Arquitectura con Alberte de Maceda.

A Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo é unha iniciativa do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, en colaboración co Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España e co apoio da Fundación Arquia, que ten por obxecto recoñecer e difundir a mellor produción arquitectónica dos anos que comprende cada convocatoria.

Co título Medio Plazo, a XVI Bienal de Arquitectura e Urbanismo, que se atopa exposta no Mercado de San Agustín, propón reflexionar sobre como o noso hábitat futuro empeza a construírse desde as accións do presente, podendo anticipar como seremos nun mañá próximo a partir dos indicios que mostra a máis destacable arquitectura española recente.

Guiaranos por esta exposición Alberte de Maceda, profesor da ETSAC e arquitecto encargado da itinerancia da XVI BEAU para Galiza.

Como as prazas son limitadas, é necesario inscribirse a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies