23

Feb

Bolboretas violetas: historias das mulleres que migran e poesía

19.00 h

PRAZAS ESGOTADAS!

Bolboretas violetasO martes 23 de febreiro, ás 19 horas, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, ofrecemos no noso local a palestra Bolboretas violetas: historias das mulleres que migran e poesía, con Gabriela Laura Frias Goytia e Mar Lugo.

Mar e Gabriela falarán dos procesos migratorios desde unha perspectiva feminista e antirracista como as bolboretas violetas que son. Ademais, contarán as súas experiencias vitais como mulleres inmigrantes. Todo isto acompañado dun pouco de poesía..

Mar Lugo. Nace en Guárico, Venezuela. Nai, filla, irmá, amiga. Mestra de Educación Infantil. Reinventada como enfermeira xeriátrica, administrativa, caixeira, limpadora, locutora de radio, antirracista e activista polos dereitos humanos. Integrante do Colectivo Afrogalegas e Afrofem.

Gabriela Laura Frias. Muller inmigrante nada en Bolivia. Psicóloga, con estudos de mestrado en Ciencias da Familia, e mestrado en Discapacidade e Dependencia; con especialidade na abordaxe psicolóxica da discapacidade. Actualmente cursa un doutoramento interuniversitario entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela. O seu campo de investigación é a calidade de vida na vellez en Galicia. Forma parte do Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Educación da Universidade da Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies