15

Xuñ

Música e poesía co cantautor César Morán e Miguel Sande, autor do poemario “Brinde e desespero”

19.30 h

Brinde e desespero

Fotomontaxe de Daniel Caxigueiro

O xoves 15 de xuño, ás 19.30 h, teremos connosco a Miguel Sande que nos presentará o seu poemario Brinde e desespero, acompañado pola música do cantautor César Morán.

“Brinde e desespero”: chega un momento na vida no que te decatas que tes comezado xa iso que chamamos o camiño de volta. Non é o final de nada, é o principio de algo novo e nese senso, unha descuberta. O poemario está escrito con esa mirada e dende esa perspectiva.

Miguel Sande (Arteixo, 1961) é xornalista e escritor. Cultiva a poesía, a narrativa, o teatro e o ensaio. Recibiu os premios Johán Carballeira, Afundación de Poesía, Rafael Dieste (teatro), Premio Nova Dramaturxia Galega, o Repsol Narrativa, o García Barros de novela e foi finalista do Xerais, entre outros.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies