06

Abr

Presentación de “Cabanillas/Otero Pedrayo. Na noite estrelecida/arredor de si”

19.30 h

Cabanillas / Otero PedrayoO mércores 6 de abril, ás 19.30 horas, preséntase no noso local o libro Cabanillas / Otero Pedrayo. Na noite estrelecida / Arredor de si, de Manuel Castelao Mexuto, publicado por Laiovento.

Todo o fulgor da época “Nós” fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as “sagas” artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político-cultural, e deu á luz unha obra-prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.

Participarán, ademais do autor, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies