16

Mar

Café com Português

12.00 h

Café com Português.

EVENTO ADIADO. DESCULPADE AS MOLESTIAS
O sábado 16 de marzo, ás 12 h, presentarase no noso local o espazo literário Café com Português.

O Café com Português é un espazo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambiando experiencias.

Nesta ocasión, a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar estará na cidade da Coruña e teremos a oportunidade de falar con ela sobre o seu traballo a prol da lingua e da cultura galega no Brasil e da súa novela en prosa poética que cuestiona o concepto de amor romántico, ao tempo que se pode considerar unha historia de amor por Galiza.

Thayane Gaspar é estudante de doutoramento de Ciencia da Literatura na Universidade Federal de Río de Janeiro (UFRJ) e profesora convidada no Programa de Estudos Galegos na Universidade Estatal de Río de Janeiro (UERJ). Thayane Gaspar divulga a lingua, a cultura e a literatura galegas no Brasil. Publicou o libro Nossa Concha de Retalhos, pola Editoral Galega Menino Morreu, en 2022.

ADIADO

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies