19

Xul

Charla-coloquio sobre o libro “Calibán e a bruxa”

19.00 h

Calibã e a bruxaO martes 19 de xullo, ás 19 horas, no noso local falaremos sobre o libro Calibán e a bruxa, de Silvia Federici. Neste encontro, con Cristina Bajo, socióloga e activista feminista, faremos unha reflexión e debate sobre as cuestión que propón no libro a autora.

Calibán e a bruxa é un clásico e un referente dentro da literatura feminista. A autora, con máis de trinta anos dedicados a repensar os procesos e postulados históricos desde unha perspectiva feminista, fai nesta obra unha revisión crítica a varias premisas do marxismo.

Esta actividade facémola en colaboración co colectivo Pedro Galán, como peche do curso que se centrou na aprendizaxe e estudo das formas de interrelación das opresións patriarcal, colonial e de clase no capitalismo moderno e contemporáneo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies