O luns 25 de marzo, ás 19:30, presentamos A cámara do sangue e outros relatos de Angela Carter, unha tradución de María Reimóndez e con prólogo de Emma Pedreira.
A Cámara do sangue é unha antoloxía de relatos, dez contos tradicionais, que a xornalista inglesa Angela Carter reescribiu en chave feminista desde o seu estilo persoal, baseado en “descompoñer, desbotar as pezas sobrantes e recompoñer cun espírito crítico, sarcástico e feminista a tradición que xa tiñamos asumida”.
Cunha linguaxe transgresora e indómita n`A cámara do sangue, Angela Carter reescribe os contos que Perrault, os irmáns Grimm e Disney lograran asentar como un dos alicerces da cultura infantil e da sociedade en xeral. Unha cultura que ensinaba as cativas que debían ser submisas ou a sufrir un destino fatal se desobedecían.
Participan na presentación: María Reimóndez, Emma Pedreira, Charo Pita e David Cortizo.