20

Dec

Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego

20.00 h

Cantar a naciónO próximo  mércores 20 de decembro conmemóranse 116 anos do aniversario da estrea solemne do noso himno e os 133 anos da súa creación.

Coa convicción de que son “chegados os tempos” de o rehabilitar consonte ao texto orixinal composto polo seu autor, Eduardo Pondal, de o interpretar e cantar completo e de o divulgar e popularizar de forma masiva por toda a sociedade galega por ser o único himno que sentimos como propio e que nos une a todas as galegas e a todos os galegos nunha mesma patria: Galiza, Vía Galega e Galiza Cultura coorganizan o seguinte acto:

O 20 de decembro, cuarta feira (mércores), às 20.00 h, na rúa Rego de Auga (fronte ao teatro Rosalía), xunto co Coro Cántigas da Terra, cantaremos o noso himno nacional todas aquelas persoas que se acheguen. Un día como hoxe, hai 116 anos, en 1907, no Gran Teatro da Habana, interpretábase por primeira vez solemnemente e institucionalmente o himno nacional galego. Este fito histórico tan relevante non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno como símbolo nacional ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente. O himno galego identifícanos e represéntanos como nación. Como símbolo nacional amosa a nosa vontade de ser e existir como pobo ao tempo que proclama o dereito a sermos libres.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies