09

Xuñ

Cantos na taberna de ACAB no Mar de Mares

13.00 h

Festival Mar de MaresO domingo 9 de xuño, ás 13 horas, o grupo de Cantos na Taberna da nosa asociación, vai ofrecer un concerto no Mercado de San Agustín, dentro do Festival Mar de Mares.

Por undécimo ano consecutivo, o Festival Mar de Mares é un lugar de encontro de científicos, expertos oceanográficos, artistas, emprendedores, cociñeiros expertos en produtos do mar e activistas que nos contaxiarán o seu entusiasmo e compromiso por e co mar. Como todos os anos, contan cunha programación para todos os públicos, con exposicións, concertos, encontros, mercado, gastronomía, ciencia e activismo. O Mercado de San Agustín é un dos escenarios destas actividades, e será aí, no primeiro andar, onde o noso grupo vai ofrecer este concerto. 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies