23

Set

Cartografía social e emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña

19.30 h

Cartografía emocionalO xoves 23 de setembro, ás 19.30 horas, Laura Cruz López ofrécenos unha palestra sobre a Cartografía social e emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña.

O senfogarismo representa a exclusión social máis extrema, da que só se recoñece a manifestación máis visible e estigmatizada de quen durme na rúa. O resultado é unha falsificación e invisibilización da realidade. A cartografía social e emocional realizada co alumnado do Grao en Educación Social, en colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, pretendía identificar a pluralidade de situacións de exclusión residencial na acidade da Coruña, desvelar algúns dos factores estruturais que limitan o acceso á vivenda e espazo público, así como mudar o estigma, centrándonos no que nos une: o espazo que habitamos e nosa vinculación emocional con el.

Laura Cruz López é profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Ademais, é membro do grupo de investigación en Educación para a Cidadanía Global (Ecigal) e nestes momentos está traballando en dúas liñas de investigación: mapeo de iniciativas de ECG no ensino regrado de Galicia e España e nun programa de animación sociocultural do Centro Penitenciario de Monterroso. Pola experiencia que presenta vén de recibir o premio de innovación educativa da UDC.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies