06

Mai

Presentación do libro “Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria”

19.00 h

Obra literaria Carvalho CaleroO venres 6 de maio, ás 19 h, presentamos o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos.

Por virtude deste volume, a poesía, o teatro e a narrativa completas de Carvalho Calero volven estar accesíbeis para o pobo a que el entregou a súa vida. Supón unha achega fundamental para ben captarmos o retrato dun escritor do cal admiran a versatilidade e o esmero con que abordou cada peza, cada xénero, cada linguaxe artística, até construír unha obra da maior elevación estética que muda o perfil da literatura galega do Século XX. Trátase dunha edición gobernada polo máis inabalábel respecto á vontade autoral e á forma que esta adoptou nas sucesivas publicacións do último decenio da súa vida que fixaron o teor dos textos na poesía, o teatro e a narrativa. Tórnase así posíbel a crucial homenaxe que todo o escritor solicita e espera: ser lido e dese modo poder contribuír á incesante autoconstrución da lingua, a literatura e a cultura da Galiza.

Estarán presentes a escritora Pilar García Negro e o escritor Manuel Castelao Mexuto, autores desta edición, e Carmela González responsable da editora da obra, Biblos.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies