O xoves 25 de marzo, aniversario do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, ás 20 h, a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, da que ACAB fai parte, organiza unha xornada de difusión da súa obra a través dun encontro no noso local.
Neste encontro teremos ocasión de ver unha peza audiovisual na que participan María Victoria Carvalho, María do Pilar García Negro e Manuel Castelao.
Esta actividade, que será transmitida por streaming pola canle de Youtube de Galiza Cultura, rematará cun coloquio, aberto a todo o conxunto de entidades que conforman a Federación, con María do Pilar García Negro e Manuel Castelao.
Asemade, creouse un cancelo para neste 25 de marzo facer promoción da obra de Carvalho Calero: #CarvalhoLinguaETerra
Tamén desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, editaron unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais de imprimir e distribuír gratuitamente, está a disposición pública en PDF na web da Federación.