20

Abr

A revisión do caso Romasanta desde a perspectiva de xénero

19.30 h

O caso RomasantaO xoves 20 de abril, ás 19.30 h, Andrea Gagino Mato  falaranos de Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. A revisión do caso Romasanta desde a perspectiva de xénero.

Os atributos asociados ao lobo están relacionados coa concepción patriarcal da masculinidade e o lobishome é a miúdo lido en clave masculina. Esta palestra explora o fenómeno da licantropía na cultura e na literatura galegas en relación co caso Romasanta —o primeiro asasino en serie galego— e coa novela de 2018 de Emma Pedreira, Besta do seu sangue, desde unha perspectiva feminista e de xénero.

Andrea Gagino Mato é graduada en Inglés pola University of South Wales e en Galego e en Inglés pola Universidade da Coruña, onde tamén cursou o Mestrado en Profesorado. Actualmente está a preparar as oposicións para profesora de secundaria.

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.

Se queres asistir a esta presentación envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies