02

Xuñ

Castelao. Diario 1921

19.30 h

Torre de cabalos azuis. Franz Marc. Unha obra que Castelao está vendo e que desapareceu despois do espolio nazi

Castelao. Diario 1921 é o título da palestra que o mércores día 2 de xuño ás 19:30 ofrecerá no noso local Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora.

Montmartre, hai exactamente cen anos. Toda a efervescencia artística concentrada nun cume onde até pouco tempo atrás só había muíños. París era o sitio onde había que estar nos felices anos vinte e alí chegou un galego. Un galego de Rianxo. A arte galega estaba decidindo cal ía ser o seu papel na vangarda histórica e mandamos a un dos nosos mellores embaixadores. Castelao merca unha libreta de papel de barba e cunha pensión da Xunta de Ampliación de Estudos bota nove meses viaxando por Francia, Bélxica e Alemaña. Debuxos, apontamentos, bocetos que despois serán grandes referentes para a nosa cultura como aquel cartel para o estatuto de autonomía. Retransmite exposicións dadaístas, o expresionismo alemán. Mais tamén reparará nos óleos dos flamencos “primitivos”. Unha obra imprescindible para amantes da arte na que Castelao non só é os nosos ollos, senón que fai de ponte crítica atravesando un século para nós.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies