12

Xul

Centenario das Escolas do Insiño Galego

19.30 h

Escolas de ensiño galegoO mércores 12 de xullo ás 19.30 h, Narciso de Gabriel ofrécenos unha palestra sobre o Centenario das Escolas do Insiño Galego.

Neste ano celebramos o centenario das Escolas do Insiño Galego fundadas na Coruña, o 8 de xullo de 1923. As Irmandades da Fala estaban persuadidas de que o seu proxecto político e cultural requiría unha educación que transmitise coñecementos e valores orientados á galeguización da sociedade. Esta educación debía canalizarse a través de diversos medios, como a prensa, as conferencias ou a literatura, e tamén a través da escola.

Narciso De Gabriel, ensaísta e pedagogo, é catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña, e foi decano da Facultade de Ciencias da Educación.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies