31

Xan

Presentación de “Cento doce viaxes na miña terra” de Xoán Colaza

19.30 h

Cento doce viaxes na miña terraO mércores 31 de xaneiro, ás 19.30 h, acolleremos a presentación de Cento doce viaxes na miña terra, da autoría do economista Xoán Colazo, editado por Sermos Galiza S.A.

Colazo leva décadas percorrendo os camiños do país e desde o nacemento de Sermos Galiza, en 2012, publicando, como integrante do colectivo XEA, as súas reflexións sobre diferentes lugares da xeografía física e humana galega, profundamente transformada e agora, a través desta obra, convídanos a revivir esas “andainas polas derradeiras paraxes descoñecidas da Galiza”.

Para Colazo, un “viaxeiro impenitente”, viaxar enténdese “como necesidade de gozar, de vivir, de coñecer as belezas que se manifestan en calquera recanto do país”. E esta teimosa querenza por percorrer todo canto camiño ou carreiro houber, asegura, en relación con esta nova publicación, “debe ser partillada”.

Primeiro con periodicidade semanal e posteriormente, mensual, o colectivo Xea —formado, alén do propio Xoán Colazo, por Adela Leiro e Mon Daporta— achéganos no semanario Sermos Galiza os seus roteiros pola Galiza adiante. E Colazo decidiu agora recompilar as 112 entregas que fixo nesta obra que el mesmo define como “un libro de amor á Galiza”.

Acompañará ao autor nesta presentación Xoán Costa, presidente do Consello de administración de Sermos Galiza.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies