22

Nov

Certames Galegos de Poesía

19.30 h

Certames Galegos de PoesíaO luns 22 de novembro, ás 19.30 h, terá lugar no noso local a presentación de tres libros gañadores de Certames Galegos de Poesía.

Certames Galegos de Poesía é unha coordinadora informal que procura contribuír á promoción das convocatorias e, sobre todo, das obras premiadas.

Presentamos:

  • Nas pulsacións, de Manuel López Rodríguez, Premio de poesía Concello de Carral, publicado por Espiral Maior.
  • Consecuencias, de Óscar García Ramos, gañador do Premio de poesía Francisco Añón, do Concello de Outes, pubicado por Editorial Caldeirón.
  • Deriva, de Regina Touceda, obra gañadora do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, pubicada tamén por Espiral Maior.

Manuel López Rodríguez (Noia, 1978) é un poeta e activista cultural que, tras unha obra inicial e un longo silencio, nos últimos anos foi protagonista dunha sucesión de premios literarios que le permitiron publicar varios títulos.

Óscar García Ramos (A Coruña, 1967) é docente de Lingua e Literatura Galega e escritor. Publicou recentemente o seu primeiro libro, Trovei pra ti um soneto. Consecuencias é a súa segunda obra.

Regina Touceda (Cuntis, 1999) é estudante de Filoloxía Galega na USC. É a autora máis nova en obter o Premio Pérez Parallé que lle permitiu publicar esta súa primeira obra.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies