17

Xul

Chat GPT para principiantes: primeiros pasos para aproveitar a IA

19.30 h

Chat GPT para principiantesO mércores 17 de xullo, ás 19.30 h, Jorge Castro Ruso ofrécenos unha palestra para aquelas persoas que desexades ter o voso primeiro contacto coa Intelixencia Artificial.

Seguramente máis dunha vez te preguntaches como a IA está a transformar as nosas vidas. E probabelmente pensaches en aprender a utilizar ChatGPT, unha das ferramentas de IA máis potentes e versátiles, para facilitar as túas tarefas diarias. E posibelmente non soubeches por onde comezar.

Nesta sesión desmitificaremos a IA e mostrarémosche como podes aproveitala no teu día a día, mesmo se non tes coñecementos previos. Aprenderemos que é a IA, como funciona e como está presente nas nosas vidas sen que nos decatemos. E tamén falaremos un dos seus riscos, dos seus nesgos e tamén un pouquiño do que pode ser o seu futuro.

Exploraremos ChatGPT, un asistente virtual intelixente que pode axudarche a redactar textos, traducir idiomas, resumir información e xerar ideas creativas. Descubrirás como ChatGPT pode converterse no teu aliado para aforrar tempo, tomar mellores decisións e acceder á información de forma máis eficiente.

Aprenderemos a comunicarnos con ChatGPT a través de “prompts” efectivos, para obter os mellores resultados e respostas relevantes. Participaremos en exercicios prácticos para redactar correos electrónicos, traducir textos, resumir artigos e xerar ideas creativas utilizando ChatGPT.

E non importa a túa formación ou experiencia previa: esta charla proporcionarache os coñecementos básicos e as ferramentas necesarias para dar os teus primeiros pasos no mundo da IA e ChatGPT.

Jorge Castro Ruso, bibliotecario de profesión, leva máis de 15 anos traballando en temas relacionados coa seguridade dos menores en internet. Impartiu obradoiros e cursos dirixidos a pais, nais, profesorado e alumnado, e colaborou con medios de comunicación para concienciar sobre os riscos en liña. A súa experiencia abarca dende a prevención do ciberacoso ata a detección de noticias falsas e a promoción da ciberseguridade. Coñece de primeira man os desafíos e oportunidades que presenta a IA no día a día.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies