Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e Mar de Lumes (Comité Galego de Solidariedade Internacionalista), organizamos un ciclo de proxeccións internacionalistas co que, durante os próximos meses, queremos achegarnos á realidade de diferentes pobos por medio de diversos audiovisuais que ofrecen perspectivas sobre algunhas das súas loitas presentes e pasadas.
O xoves 28 de novembro, ás 8 da tarde, achegarémonos a Venezuela e á Revolución Bolivariana. Para iso proxectaremos unha escolma de varios vídeos curtos da serie Chávez Radical sobre o pensamento político de Hugo Chávez. Para a presentación e o debate posterior contaremos con Martín Pacheco, cónsul de Venezuela na Galiza, e con Farruco Sesto, galego-venezolano que foi ministro en varios gobernos de Chávez.