06

Mai

Ciclo Pensando o Futuro: Os retos da esquerda en Europa

19.30 h

23/11/2023 La eurodiputada del BNG, Ana Miranda, en la EurocámaraO luns 6 de maio, ás 19.30 h, continuando co ciclo Pensando o Futuro, teremos como convidada Ana Miranda para falar dos retos da esquerda en Europa.

A política comunitaria parece algo tan afastado da actualidade informativa como influínte é na nosa vida cotiá. Europa e as súas institucións son absolutamente determinantes nas políticas relativas á alimentación, á produtividade ou o sistema económico e é absolutamente transcendental ter un papel relevante como país dentro delas. Mais como pode facerse política comunitaria desde un lugar de apenas dous millóns de habitantes? cales deben ser as prioridades políticas nun momento no que parece que a pulsión belicista despraza calquera debate? Sobre estes temas versará a ponencia de Ana Miranda.

Ana Miranda é de Vigo, nacida en Cuntis. Eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego cunha longa experiencia no Parlamento Europeo. Membro das comisións de Pesca, Dereitos Humanos e política rexional, vicepresidenta da Comisión de Peticions no Parlamento Euopeo. É coordinadora de Relacións Internacionais da Executiva Nacional do BNG.

Se queres asistir a este evento envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies