28

Nov

Proxección do documental “Cidade da selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”

19.00 h

Cidade da selvaO luns, 28 de novembro, ás 19 horas, no Fórum Metropolitano da Coruña proxectaremos o documental Cidade da Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, do director Miguel Riaño Roa. O acto está organizado por Valdeorras Infinda, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a CRMH d’AC.

O documental recolle a historia do conxunto de campamentos que a guerrilla antifranquista rstableceu como refuxio nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Este xacemento arqueolóxico abandonado foi escavado en varias campañas polo equipo de Sputnik Labrego, resultados que son a base do documental.

Tras a proxección, teremos un coloquio co director do filme e con parte do equipo arqueolóxico.

A entrada é libre, por rigorosa orde de chegada.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies