22

Xuñ

A sutileza nos fragmentos. O cine de María Casares

19.30 h

María Casares

Orphée

O mércores, 22 de xuño, ás 19.30 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, José Manuel Sande falaranos da sutileza nos fragmentos: o cine de María Casares.

Neste itinerario pola relación da actriz María Casares co cine auscultamos uns inicios ilusionantes, nos que o seu talento fai tremer títulos coma Os nenos do paraíso (1945), As damas do bosque de Boulogne (1945) ou Orfeo (1950), baixo a dirección de cineastas da estima de Marcel Carné, Robert Bresson ou Jean Cocteau, que logo transita cara unha filmografía intermitente, centrada no teatro.

Nun corpus posterior tan breve como selectivo, menos coñecido do esperado, imos atopar filmes, d’As dúas memorias (1974) á A lectora (1988), nos que o seu rol remata por ser simbólico. Non só resulta relevante a representación documental e o seu estatuto de voz do exilio, senón a imaxe librepensadora e independente espallada a través dunha vida enteira de compromiso, chea de complexidades e refrectaria a todo lugar común.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies