04

Xul

Outras historias de cinema: Cineastas africanas

19.30 h

Directoras africanasO xoves 4 de xullo, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha nova palestra sobre as cineastas africanas.

Os cinemas africanos que emerxeron após os procesos de descolonización tiveron que lidar coa fraxilidade dos sistemas de produción, distribución e exhibición locais. Nas historias, aínda breves, das diversas cinematografías deste continente é de xustiza destacar os nomes de mulleres directoras que contribuíron co seu talento a enriquecer a cultura dos seus países, dende as pioneiras Sarah Maldoror, Safi Faye ou Selma Baccar ás contemporáneas Mati Diop ou Kaouther Ben Hania. Nesta sesión repasaremos algúns nomes fundamentais.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies