04

Abr

DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70

19.30 h

Cineastas americanas nos anos 70O xoves 4 de abril, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha nova palestra sobre as cineastas americanas nos anos 70.

Son pouco máis dunha ducia as mulleres directoras que estrearon filmes de ficción nos anos 70, e cóntanse cos dedos dunha man as que puideron facelo no contexto das grandes produtoras de Hollywood. Malia ser unha cifra exigua, representa un salto notábel respecto das décadas anteriores e apunta un primeiro e decisivo paso cara a unha normalización aínda pendente. Na sesión de hoxe celebraremos a obra de Barbara Loden, Elaine May, Joan Tewkesbury, Claudia Weill, Karen Arthur ou a gran Joan Micklin Silver, entre outras. 

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies