06

Xuñ

Cineastas europeas nos anos 40, 50 e 60

19.30 h

Cineastas europeasO xoves 6 de xuño, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha nova palestra sobre as cineastas europeas nos anos 40, 50 e 60.

Nas décadas inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial houbo varias mulleres en diversos países europeos que conseguiron desenvolver unha carreira máis ou menos regular como realizadoras: Jacqueline Audry en Francia, Bodil Ipsen e Astrid Henning-Jensen en Dinamarca, Muriel Box no Reino Unido, Ana Mariscal en España, a ucraína Larisa Shepitko na Unión Soviética, a checa Vera Chitylová, a norueguesa Edith Carlmar, a búlgara Binka Zhelyazkova… Nesta sesión recordaremos algunhas destas figuras e poñeremos en valor a calidade e a singularidade da súa obra fílmica.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies