05

Mai

Cinema dos países africanos de fala portuguesa

19.30 h

Países africanos de fala portuguesaO xoves 5 de maio, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do cinema dos países africanos de fala portuguesa.

En 2019 a UNESCO estableceu oficialmente o 5 de maio como Día Mundial da Lingua Portuguesa, sumándose a unha efeméride que xa antes celebraba a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. A data serve de escusa perfecta para percorrermos a creación cinematográfica dos países co portugués como lingua oficial que menos chegan ás nosas pantallas: os do continente africano. Visitaremos Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné-Bissau e São Tomé e Príncipe da man dos filmes de cineastas coma Sarah Maldoror, Flora Gomes ou Ruy Guerra.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies