07

Abr

Cinema e Educación

19.30 h

Cinema e educaciónO xoves 7 de abril, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos de Cinema e Educación.

Son moitas as maneiras en que o cinema falou do ensino e da comunidade educativa, aínda que só sexa polo peso da escola e a universidade como espazo narrativo en moitos filmes. Mais nesta sesión o foco ímolo poñer no traballo especificamente educativo de grandes cineastas, como as obras do lendario Abbas Kiarostami para o Centro de Desenvolvemento Intelectual Infantil e Adolescente de Irán ou as producións divulgativas que fixeron Charles e Ray Eames, entre outros exemplos.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies