14

Out

Cinema e esencia, con Óliver Laxe

20.45 h

Oliver LaxeO luns 14 de outubro o cineasta Óliver Laxe vén ao noso local para falarnos de Cinema e esencia, dentro do ciclo de pensamento Para estar no mapa do mundo.

Óliver Laxe vén de presentar nestes días a súa terceira longametraxe, O que arde, un filme rodado nos Ancares e que recibiu o premio do xurado Un Certain Regard no Festival de Cannes. Foi dobremente premiado no festival ouresán OUFF co Premio Galicia e o Premio especial do xurado. Ademais de estrearse no mes de outubro nas salas de todo o estado, tamén se pode ver no circuíto comercial francés, onde a súa proxección en 55 salas -cinco delas en París- supón todo un fito para o cinema galego.

O director galego afirma que o seu propósito é conectar coa súa propia esencia, o que supón tamén tocar a esencia do espectador, a través das imaxes e das emocións.

O encontro terá lugar ás 20.45 horas, no noso local da rúa Olmos 16, 1º.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies