O luns 8 de xullo, ás 20 horas, no noso local, Martin Pawley ofrécenos unha sesión de cinema feminista.
Se ben ao longo da historia o oficio de director foi maioritariamente masculino, desde o inicio do cinema houbo mulleres que se puxeron con éxito detrás das cámaras. E en moitos casos, ademais, fixeron da súa obra unha ferramenta para a reflexión sobre a identidade das mulleres e as desigualdades de xénero. Nesta sesión farase un breve repaso por algúns fitos fílmicos fundamentais.