PRAZAS ESGOTADAS!

O mércores 10 de marzo, ás 19 horas, Martin Pawley, crítico de cinema e cineasta falaranos de cinema feminista.
Que é o cinema feminista? Como pasa coa maioría das boas preguntas, a resposta non é nin simple nin única, mais a busca dunha resposta xa é, de seu, un proceso frutífero. Nesta sesión repasaremos algúns exemplos do mellor cinema reivindicativo e militante de distintas épocas e nacionalidades.