11

Xan

Cinema palestino

19.30 h

Cinema palestinoO xoves 11 de xaneiro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do cinema palestino.

Inevitabelmente ligado á traumática historia do país despois da Nakba, o cinema palestino deu e dá mostras constantes de vitalidade e creatividade que o sitúan como un dos focos máis interesantes entre os cinemas árabes. Para alén da figura esencial de Elia Suleiman, tres veces candidato á Palma de Ouro de Cannes, ou o dúas veces finalista do Óscar Hany Abu-Assad, hai moitos outros directores e directoras de grande interese que exploran o conflito e a realidade cotiá dende perspectivas artisticamente audaces. Nesta sesión repasaremos algúns títulos e nomes fundamentais para introducírmonos na diversidade da cinematografía palestina.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir, envía este formulario cos teus datos:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies