O mércores 2 de novembro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do Cinema portugués dos 80.
Para alén dos nomes maiores que iniciaron a súa carreira moito antes (Manoel de Oliveira, João Cesar Monteiro ou Paulo Rocha), a década dos 80 foi a do debut de cineastas valiosos como Joaquim Pinto ou Manuela Serra –que en moitos casos tiveron inmensas dificultades ou non conseguiron facer novos filmes–, o premio en Locarno para “O bobo” e algúns títulos singulares que desafían calquera visión que se teña do cinema portugués. Dedicamos esta sesión a redescubrir unha década prodixiosa insuficientemente coñecida en Galiza.
Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.
Se queres asistir, envía este formulario cos teus datos: