O venres 15 de setembro, ás 19 horas, faremos un roteiro para recordar os cinemas da Coruña, guiados por Martin Pawley, crítico de cinema, produtor e programador.
A Coruña é unha cidade pioneira tamén para a historia do cinema en Galiza. Neste roteiro celebraremos algúns lugares emblemáticos para a cinefilia de onte e sempre, espazos de memoria que nos recordan as primeiras proxeccións públicas de imaxes, a obra dun precursor recoñecido coma o primeiro cineasta de noso, José Sellier, o nacemento e a desaparición de diversas salas de cinema, a chegada triunfal do cinema sonoro, os filmes que retrataron a cidade e o soño dunha Filmoteca de Galicia que sexa arquivo activo e motor de coñecemento e de creación.
O punto de encontro para o inicio do roteiro será diante do Teatro Rosalía de Castro.