02

Xuñ

Cinemas dos pobos orixinarios

19.30 h

Cinemas de pobos orixinariosO xoves 2 de xuño, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do cinema dos pobos orixinarios.

Pobos indíxenas, orixinarios, primeiras nacións, aborixes… Sexa cal for a denominación que empreguemos, é importante recordarmos que as comunidades descendentes dos primeiros poboadores antes das colonizacións europeas alí e acolá foron, son e serán creadoras de cultura, arte e coñecemento, e iso inclúe, por suposto, o cinema. Nesta sesión apuntaremos algúns nomes fundamentais, da veterana activista e directora abnaki Alanis Obomsawin ao creador kayteyte Warwick Thornton, pasando pola vizosa variedade fílmica que hoxe agroma na América do Sur con cineastas como a mapuche Claudia Huaiquimilla ou o aymará Miguel Hilari.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies