11

Dec

Claroscuros do barroco musical en Galiza

19.30 h

Andrés Díaz PazosO luns 11 de decembro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo As artes do Barroco, Andrés Díaz Pazos falaranos de Claroscuros do barroco musical en Galiza.

A visión sobre a música en Galiza durante o período barroco ten pasado por fases contrapostas. Nun primeiro momento, en comparación coa riqueza e exuberancia da arquitectura, chegouse a cualificar de “decadente”. Logo, coas primeiras investigacións musicolóxicas sobre a nosa historia musical, valorouse coma na vangarda dos movementos musicais da altura. Nun intento por analizar e valorar estas opinións contrapostas, a charla fará un percorrido sobre a música barroca en Galiza: sobre o que sabemos, sobre o que continuamos a descubrir, e sobre moito que queda por coñecer.

Andrés Díaz Pazos é licenciado e doutor en Física e profesor de música de ensino secundario. Na actualidade investiga sobre a música en Galiza, con especial atención ao período do Renacemento e aos órganos. Ademais toca diversos instrumentos de vento e corda punteada medievais e renacentistas.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies