10

Abr

Contexto histórico do comercio escravista hispano-cubano

19.30 h

Comercio escravistaO mércores 10 de abril, ás 19.30 h, teremos connosco a Carlos Sixirei Paredes para falarnos do contexto histórico do comercio escravista hispano-cubano.

No século XIX o escravismo foi desaparecendo daqueles países iberoamericanos virados en estados independentes pouco a pouco, de xeito que por volta de 1880 xa non existía a práctica do escravismo negreiro en ningún destes países agás dous: a única monarquía existente en América (Brasil) e a única gran colonia que se mantiña baixo control europeo (Cuba). Habería que preguntarse por que os únicos estados escravistas (Brasil e España) eran, porén, países católicos e, se coma países soberanos, ningún dos dous era unha potencia de primeira liña nin moito menos, coma países católicos eran moi importantes. Á quentura desde negocio en España floreceu unha burguesía comercial moi poderosa en termos financeiros que acabaría por recibir títulos de nobreza na Restauración e que hoxe teñen estatuas e rúas dedicadas á súa lembranza virados os comerciantes negreiros en próceres filántropos.

Carlos Sixirei Paredes é doutor en historia de América, máster en cooperación internacional e profesor titular de historia de América na Universidade de Vigo. É autor de varios libros como Historia de América (Ed. Ir Indo), A Emigración (Ed. Galaxia), ou Plaza del Mundo. Historia informal de Brasil (Ed. Verbum), entre outros. Ten participado en coloquios e xornadas internacionais sobre o tema do escravismo e publicado artigos sobre a mesma temática. Foi director cultural da Fundación Celso Emilio Ferreiro, responsable de actividades culturais do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, presidente dos consellos asesores de RTVE en Galiza e de TVG, e subdirector xeral de centros e comunidades galegas da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies