GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR
O martes 23 de xullo, ás 19 horas, no Cantón Grande da Coruña celebraremos unha concentración, coincidindo co 50 aniversario da designación polo ditador Franco de Juan Carlos como o seu sucesor. Rematará coa lectura colectiva dun manifesto.
Cando se cumpre o 50º aniversario (1969-2019) da designación polo ditador Franco de Juan Carlos como o seu sucesor na xefatura do Estado para que “todo quede atado y bien atado en el futuro”, como manifestaba o ditador no seu discurso perante as Cortes o 22 de xullo de 1969, as persoas e entidades que estamos a prol dunha República como forma de Estado, consideramos que esta data histórica non pode pasar desapercibida.
Convocan esta concentración: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Cultural O Facho, Centro Social Gomes Gaioso, Anova, Bloque Nacionalista Galego, Corrente Vermella, Podemos, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca e Confederación Intersindical Galega.
Para explicar o contexto histórico no que Juan Carlos é proclamado sucesor de Franco na xefatura do Estado e para convocar esa concentración, GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO DA DECIDIR difundirá o folleto que se pode descargar en formato PDF ao pé desta páxina.
Esta plataforma cívica, aberta á participación de persoas e entidades, continuará as súas actividades cunha nova asemblea o 9 de setembro para organizar unha mesa redonda con historiadoras/es e xuristas sobre o tema “Monarquía ou República? Que o pobo decida”. Igualmente, inicia un proceso para a realización nos próximos meses dunha consulta popular en urna en barrios da Coruña e concellos da comarca.
Pantalla completa