27

Xuñ

III Festa Amergin da Poesía Atlántica: Concerto Distrito 10

21.00 h

Na última semana de xuño a AC Alexandre BóvedaIn Nave Civitas e Xuntas polas Artes, coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC e a Torre de Hércules, organizamos a grande III FESTA AMERGIN DA POESIA ATLÁNTICA para establecer lazos de unión da literatura galega e a literatura irlandesa. 

CONCERTO DE FOLK-ROCK: DISTRITO 10 (Xoves 27)

Distrito 10As actividades comezan o xoves día 27 de xuño ás 21 h cun concerto de folk-rock: o grupo Distrito 10 no Pub Delirium Coruña (Paseo das Pontes Nº 5).

Distrito 10 é un grupo conformado por vellos amigos vencellados pola sua paixón pola música, e interpretan temas clásicos do pop, rock, country, e soul.

A entrada é libre.

A festa continuará o venres 28 no noso local a partir das 18 h con diferentes palestras:

  • 18.00 h: Ángel Cerviño e Ana Santorun: Arte no patrimonio mundial. O caso da Torre de Hércules.
  • 19.00 h: Antonio Sandoval: Aves e Natureza a partir da Canción de Amergin.
  • 20.00 h:  David Clark e Miguel Giráldez:  Paddy Bushe e o territorio Amergin en Kerry: unha viaxe mítica e unha lectura ecocrítica.

E completaremos esta celebración cun roteiro e unha festa da música e a poesía o sábado, día 6 de xullo, a partir das 21 h, na praia do Areal (tamén chamada praia das Lapas), da que vos daremos información.

III Festa Amergin

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies