24

Xan

As crises globais, e proposta de solucións de Ocalan: O Confederalismo Democrático en Kurdistán

18.30 h

Confederalismo democrático en KurdistánO mércores 24 de xaneiro, ás 18.30 h, teremos un encontro con Ozlem Tanrikulu, activista e representante do Kurdistán, que nos falará das crises globais, e proposta de solucións de Ocalan: O Confederalismo Democrático en Kurdistán.

Pensamentos que atravesan barrotes: As ideas non se poden encerrar! O paradigma do confederalismo democrático consiste na “liberdade democrática, ecolóxica e de xénero” neste sistema ideolóxico, ilustrado polo Abdullah Öcalan en 2005: É un modelo de convivencia social e contra o estado, o poder e a violencia. É un modelo inclusivo e non limitante de convivencia social, porque se basea na autoorganización desde abaixo, respectando a pluralidade étnica, cultural e relixiosa. Tamén podemos dicir que representa un sistema ético no que existe unha relación dialéctica sostible coa natureza; nel, non se basea na dominación e a xerarquía. Nel, o ben común establécese sobre a base da democracia directa, practicada na vida cotiá e non soamente delegada no momento das eleccións ou os referendos. Baséase na igualdade de todas as persoas que viven no seu territorio sen distinción de orixe étnica, identidade, sexo, cultura, nación, historia, lingua e relixión.

Se queres asistir a este encontro, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies