Este mércores, 4 de xullo, ás 20 h, no local da nosa asociación (Olmos 16, 1º A Coruña) celebraremos a reunión de Vía Galega, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, para formalizar a constitución de VÍA GALEGA na cidade da Coruña. Esta reunión está aberta á participación de asociacións mais tamén de xente que queira colaborar a título individual.
SOMOS UNHA NACIÓN. TEMOS DEREITOS. FAGAMOS OUVIR A NOSA VOZ!
Podes acceder desde aquí ao manifesto.