26

Out

Presentación de “Contármonos”

19.30 h

ContármonosO xoves 26 de outubro, ás 19.30 h, presentarase no noso local Contármonos.

Contármonos é unha obra colectiva, asinada por 14 persoas que fomos acubillándonos entre nós en dous obradoiros de escrita que a AELG fixo en Santiago, nos outonos de 2021 e 2022. Recolle textos de distintos xéneros que, malia ao variados que son en canto ao estilo e á estrutura, partillan o protagonismo da vida cotiá das mulleres.

Consta dunha primeira parte coas creacións de cada unha das autoras, unha segunda parte composta de textos colectivos xerados no segundo dos obradoiros, e un anexo final onde cada unha se presenta de xeito breve.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies