10

Xan

“Contra todo isto”, palestra con Manuel Rivas

20.00 h

Manuel RivasO xoves 10 de xaneiro, ás 20 h, Manuel Rivas ofrecénos a palestra: CONTRA TODO ISTO.

Chegou a hora de poñer rebeldía, inconformismo e transgresión contra a descivilización, contra os que producen medo, contra os que rouban as liberdades, contra o aumento das desigualdades, contra o roubo dos dereitos democráticos, contra o machismo, contra a desmemoria…

Manuel Rivas, escritor e xornalista. A súa obra está traducida a máis de vinte linguas. Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012).

A súa última obra titúlase Contra todo isto (2018). Edicións Xerais.

Desde 2013 é director da revista Luzes canda a Xosé Manuel Pereiro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies