14

Xul

Convivio da Cultura Galega

Convivio da Cultura GalegaOrganizado pola Casa-Museo Manuel María celébrase o CONVIVIO DA CULTURA GALEGA o sábado, día 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei.

PROGRAMACIÓN

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional UNTIA e do coro da Asociación Cultural e Musical SOLFA.

12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei.

13.00 Concerto da BANDA Municipal de Música “SONS E SOÑOS” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel.

14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida).

16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”.

17.00 FOLIADA, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo…). Anima Xurxo Souto.

Estades todas convidadas!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies