05

Mai

Presentación de “Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997)”

19.30 h

<p class="wpcf7-contact-form-not-found"><strong>Erro:</strong> Formulario de contacto non atopado.</p>O mércores 5 de maio, ás 19.30 h, no noso local, terá lugar a presentación de Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997), de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Ferreiro Mato.

Manuel María (1929-2004) e Neira Vilas (1928-2015) son dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por idade, á mesma xeración, mais en canto o primeiro desenvolve a súa actividade literaria desde o interior da nación en tempos de ditadura e nas primeiras décadas do período posfranquista, o segundo faino fundamentalmente desde a Galiza emigrante, seguindo o pulso cultural do seu país a quilómetros de distancia. Aínda así, mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.

Intervirán Manuel Ferreiro, catedrático da UdC, e Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático da UdC.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies