26

Nov

Roteiro “A Coruña, cidade da literatura”

12.00 h

Roteiro Coruña literariaRetomamos o noso bo costume de #PasearParaAprender. E por iso, o sábado, día 26 de novembro, imos pasear pola Coruña literaria, cidade narrada, cidade poetizada, contada e cantada…Comezaremos ás 12 h no Teatro Rosalía:

  1. Teatro Rosalía de Castro. Primeiro xogos florais de Galicia (1861) con Pilar García Negro.
  2. Biblioteca Provincial. Biblia de Kennicott con Susana Guitar.
  3. Casa natal de Emilia Pardo Bazán (Rego de Auga / rúa da Fama) con Patricia Carballal.
  4. Libraría rexional (Rego de Auga, nº 16) con Xosé Luís Axeitos.
  5. Antón Vilar Ponte. Rúa Rego de Auga, nº 4, con Ricardo Axeitos Valiño.
  6. Escolas de Ensiño Galego (Praza de María Pita, 17).
  7. Se comezabamos con Rosalía rematamos na Praza da Fariña (onde estaban as antigas casas do Concello) para lembrar a primeira obra en galego da época moderna, O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña, de Salvador Francisco Roel, con Anxo Angueira.

Rematamos con música do século XVIII: Sonata II de Elisabeth Jacquet (1665-1729). Frauta: César Concheiro. Violín: Elisa Concheiro. Violoncello: Nicolás Concheiro.

Guiará o roteiro Carmela Galego, historiadora da arte.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies