15

Mar

Palestra “A Coruña, feminina e plural”

20.00 h

A Coruña feminina e pluralChisco Fernández Naval presenta, o xoves 15 de marzo, ás 20 horas, A Coruña feminina e plural.

Máis que ningunha outra cidade galega, na Coruña naceron ou viviron mulleres que resultaron transcendentes para a súa comunidade, o seu país e, nalgúns casos, para a humanidade. Estas mulleres singulares foron donas dun pensamento propio, que respondía e responde ao ser da pluralidade das sociedades libres. Activistas no ámbito social, na cultura, na política; heroínas, empresarias, docentes, investigadoras, xornalistas, pioneiras case sempre, elas forman parte da esencia da cidade, malia a memoria que tantas veces as esquece, malia o desleixo que tantas veces as volve invisibles. Con paixón e como recoñecemento, así e o sente e así o conta alguén que non é coruñés, malia levar máis de trinta anos vivindo na cidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies