27

Xul

Visita guiada á exposición “A Coruña no Tempo”

18.30 h

A Coruña no TempoO xoves  27 de xullo, ás 18.30 h, faremos unha visita guiada á exposición A Coruña no Tempo que se atopa na sede Afundación, no Cantón Grande, 8, guiada polo seu comisario, Manuel Gago.

A Coruña no Tempo forma parte do proxecto Cidades no Tempo. Esta exposición aborda a urbe desde diversas perspectivas e a través de distintos enfoques, poñendo nun espazo común a cultura, a economía, a estética, o urbanismo, o lecer e o sentir dunha sociedade dinámica, emprendedora, liberal e marcada polas influencias internacionais que tiveron o porto como punto de entrada. E é que o seu carácter marítimo non só tivo relevancia económica ao longo da historia, mesmo foi fundamental no desenvolvemento urbano da Coruña. Tomando a Torre de Hércules como partida, o percorrido lévanos desde a Cidade Vella ás primeiras industrias e grandes iniciativas empresariais privadas, desde a cidade das mulleres á cidade ilustrada. Moitas das pezas que artellan o relato desta exposición son resultado das investigacións realizadas nos últimos anos e que están transformando o coñecemento do pasado coruñés.

Á fronte do proxecto está Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Para esta mostra conta co asesoramento, como coordinador local, do xornalista e xestor cultural Rubén Ventureira.

A duración aproximada da visita guiada é de 1 hora e 45 minutos.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies