20

Nov

Roteiro: A Coruña que coñeceu Rosalía

12.00 h

A Coruña que coñeceu RosalíaContinuamos festexando os 150 anos de Rosalía na Coruña. O sábado 20 de novembro, ás 12 h, realizamos o segundo roteiro, A Coruña que coñeceu Rosalía, con Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora. Contaremos coa colaboración de Manuel Mosquera no Museo de Belas Artes.

Na segunda metade do século XIX A Coruña muda a pel, non é só un cambio epidérmico, tamén é un cambio profundo que afecta á sociedade en forma de ideas e á orografía en forma de ensanches. Rosalía de Castro está vivindo esas transformacións na nosa cidade e nós faremos un percorrido a pé polos seus espazos apoiándonos noutra grande revolución decimonónica: a fotografía. Darémonos cita no Cantón Grande e logo dun pequeno paseo remataremos no Museo de Belas Artes onde veremos distintas pezas vencelladas á poeta e poderemos gozar da panorámica fotográfica máis antiga que conservamos: A Coruña que coñeceu Rosalía.

Lugar de saída: Cantón Grande, nº 5.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies