26

Out

Presentación de “Cosmo(a)gonía”

19.30 h

Cosmo(a)goníaO mércores 26 de outubro, ás 19.30 h, presentamos no noso local Cosmo(a)gonía, de Jorge Rodríguez Durán.

A vida é contemplar un xerro de cerámica chinesa, mentres valora mos a posibilidade de que unha corrente de aire poida guindalo da súa estreita peana. Na experiencia da observación temos dúasalternativas: concentrarnos e perder os ollos nas filigranas esmaltadas ou deixarnos levar pola obsesión lacerante da caída. Esa que teima en imaxinar unha e outra vez o desastre, a coreografía dramática daos fragmentos guindados polo chan, a beleza dun salón vitoriano que esportela e quebra sen remedio. Nese dúo de opcións, COSMO(a)GONÍA, defínese e toma partido reafirmando o dereito ao imperfecto, ao asimétrico, ao desemparellado, a capacidade de fuxida. Á frase recorrente de nais e avoas “todo ten remedio menos a morte”, este poemario responde: ABDUCÍDEME / xa non quero estar aquí máis tempo. (fragmento do limiar, por Antía Otero)

COSMO(a)GONÍA é o primeiro libro indivual de Jorge Rodríguez Durán (Vigo, 1993) após gañar o segundo premio do III Certame Literario Mazarelos co micropoemario O sentido común (@o_sentido_comun) e publicar a folla voandeira Manual de estilo (Leite Edicións, 2019). O seus textos foro incluídos na antoloxía Poesía galega novísima (Urutau, 2020) e tradiciu ao galego o conxunto The Assimilated Merfolk, de Nuala Ní Dhomhnaill (The Gallery Press, 2021), opoema “A Shadow in Her Notebook” de Eiléan Ní Chuilleanáin (ABEI Journal, 2022) e ao inglés o conxunto poético Six Irish Poems (and Nothing to Declare) de Emma Pedreira (New York Poetry Review, 2021) e o poemario After Dark [tradución ao inglés d’As posturas do día, de Emma Pedreira] (Nueva York Poetry Press, 2022).

Nesta presentación acompañará ao autor a escritora Emma Pedreira.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies